As tarifas segundo a Ordenanza Fiscal establecen que o uso libre da pista para actividade física ten un custo de 12,00 € por hora e media. Ademais, existen bonos dispoñibles de 5 sesións por 50,00 € e de 10 sesións por 100,00 €.
Os bonos deberán tramitarse nas oficinas xerais do Concello de Cortegada e serán persoais e intransferibles. A persoa titular do bono será a responsable do seu uso.
As instalacións están suxeitas ás normas de uso da pista de pádel, e a súa regulación encádrase na Ordenanza Fiscal nº 15, pola que se establece a taxa pola prestación de servizos nas instalacións deportivas municipais.